Polo Correo do Vento no Auditorio Mar de Vigo


Xelo, o intrépido carteiro xurelo
levándolle o correo a Xulio Verne, en Vigo.

O próximo venres 4 de Xaneiro,
Polo Correo do Vento,
... acompañados dun fabuloso músico do Quinto Pemento,
e dunha encantadora intérprete de signos,
todo isto, grazas ó
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,
estarán no Auditorio Mar de Vigo
a partires das 18:45 h
con abraiantes historias de naufraxios e polisóns,
e debuxos moi moi simpáticos!!

Enroládevos con nós neste periplo atlántico!!

Conto Viaxeiro con Polo Correo do Vento


Xa comezou o noso Conto Viaxeiro!!
foi na Asociación de Veciños San Mamede na parroquia de Zamáns,
e agora quedan moitos sitios máis..
ide visitando o noso periplo por distintos centros de Vigo:

PCV no MARCO e na Biblioteca Central de Vigo

Velaí vai Xelo, o intrépido carteiro xurelo,
levándolle o correo a Xulio Verne!!
O 22 de decembro ás 11:30 h estaremos no MARCO
e o 29 de decembro ás 12h na Biblioteca Central de Vigo,
contos e debuxos
de longas viaxes oceánicas
e numerosos  e marabillosos
misterios que atesoura o mar..
 

Lecer no Nadal en Pontevedra!!


Este Nadal andaremos por distintos recantos de Pontevedra
 argallando historias e debuxando,
polo correo do vento!!
velaí tedes máis información:

Contos de Nadal na Biblioteca de Pontevedra

 
Os días 26 e 27 de DECEMBRO
estaremos na Biblioteca Pública de Pontevedra
contando e debuxando,
o mércores a historia dunha longa viaxe polo mundo adiante
e o xoves unha historia de Revolución de Nadal
Achegádevos!!!
Bo Nadal!!!

Queres facer un conto?

Obradoiro de Contos Ilustrados.

A partir de 8 anos,
inscríbete alí mesmo!!
Crearemos e ilustraremos un conto!!
O 22 e 23 de Novembro
de 17:30 a 19:30 h.
con
Enrique  Mauricio
e Carlos Taboada.

O Carballo de Santa Margarida

Polo Correo do Vento presenta:
"O Carballo de Santa Margarida"
un contacontos ilustrado da saga
dos 7 Misterios de Pontevedra,
coma sempre,na
Biblioteca Pública Municipal de Pontevedra,
ás 18:00 h, o venres
19 de Outubro,
"elemental,
querido Magnum".

O Roubalibros da Biblioteca de Pontevedra

En Setembro voltamos á Biblioteca Pública de Pontevedra,
coa Investigadora Pe e o seu inseparable can Magnum
para desartellar un dos 7 Misterios misteriosos da cidade de Pontevedra,
achegádevos!!
Ás 18:00 h, o Venres 21 de Setembro..
Elemental, querido Magnum!!

"Periplo Atlántico" no Museo Massó, Bueu


Polo Correo do Vento, presentará o día 9 de Agosto ás 12:00 h no Museo Massó de Bueu: “Periplo Atlántico”, unha historia que ten como protagonista un pingüín moi simpático con afán de coñecer o mundo e que embarca de polizón nunha viaxe que cambiará para sempre o seu destino.
Achegádevos!!
        

O tesouro de Cabo Udra, no Museo Massó de Bueu

“O tesouro de Cabo Udra”
Polo Correo do Vento, presentará o día 26 de xullo ás 12:00 h no Museo Massó de Bueu: “O tesouro de Cabo Udra”, unha historia infantil de piratas e corsarios, amores imposibles, tesouros agochados e longas viaxes oceánicas.
Enrique Mauricio e Carlos Taboada relatarán e ilustrarán a un tempo este periplo cheo de personaxes do mundo do mar e da nosa cultura. A continuación, participaremos todos xuntos nun obradoiro de debuxo relacionado coa historia.

"Violeta, a carteira bolboreta" en O Saviñao


O próximo VENRES 29 de XUÑO
ás 17:00 h, e máis tarde....

ás 19:00 h, na Axencia de Lectura "Maruchi Arias" de Currelos,
unha historia que atravesa Europa de árbore en árbore
sen tocar o chan!!

Carola, a carteira Centola, na Biblioteca A.M.I. de Chapela

Ás 19:30 h. do Venres 1 de Xuño,
estaremos con "Carola, a carteira centola",
unha historia de amor e Revolución
que no fondo (do mar) veñen a ser a mesma cousa.

Polo Correo do Vento, 2012
O xoves 3 de Maio, na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas,ás 18:00h,
 "Carola, a carteira centola",un conto ilustrado por
Polo Correo do Vento!!

O pirata Benito Soto

O venres 23 de Marzo, na Biblioteca Pública de Pontevedra,
a investigadora Pe e o seu inseparable can Magnum
tratarán de resolver o misterioso caso do tesouro do pirata da Moureira..
serán capaces de compoñer o quebracabezas
que se lles presenta?

"O debuxante de soños contra a Mala Sorte"


Os días 19,20 e 21 de MARZO ás 17:00h,
Polo Correo do Vento presentará
no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
"O debuxante de soños contra a Mala Sorte".
Tamén podedes consultar a programación completa en http://www.salondolibro.org/sites/default/files/Programa_salon_2012.pdf

Noites Abertas 2012


As noites 2, 9 e 23 de Marzo do 2012 terán lugar
as sesións do marabilloso Obradoiro de Contos
impartido por PCV!!
Apuntádevos!!