O tesouro de Cabo Udra, no Museo Massó de Bueu

“O tesouro de Cabo Udra”
Polo Correo do Vento, presentará o día 26 de xullo ás 12:00 h no Museo Massó de Bueu: “O tesouro de Cabo Udra”, unha historia infantil de piratas e corsarios, amores imposibles, tesouros agochados e longas viaxes oceánicas.
Enrique Mauricio e Carlos Taboada relatarán e ilustrarán a un tempo este periplo cheo de personaxes do mundo do mar e da nosa cultura. A continuación, participaremos todos xuntos nun obradoiro de debuxo relacionado coa historia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario