Algunhas das personaxes do filme sobre historia do Museo Massó

Para que vaiades coñecendo a algúns dos seus protagonistas
e vos animedes a visitar o Museo Massó de Bueu,
velaí vai un anaco do dramatis personae.
 
 

Udra ten nove anos e é de Bueu.

 Por suposto, tamén é a guía de este Museo.

 


Guglielmo Marconi, premio Nobel de Física no 1909,

visitou en varias ocasíons a fábrica e aportou ideas moi interesantes.

Velaí está a súa sinatura no Libro de Honra.

 

 

Federico Ribas, o xenial debuxante galego,

 encargouse da imaxe publicitaria da factoría Massó ata o 1936,

 xa que por causa do estalido da Guerra Civil Española

e pola súa disconformidade coa falta de liberdade,

 marcha ó exilio á República Arxentina.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario