Primeira proxección: "Historia dun museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas"


 

"Historia dun museo que medrou dentro

 dunha fábrica de conservas".

Este vernes 3 de Maio, no Museo Massó de Bueu,

ás 20:00 h,

terá lugar a presentación e primeira proxección

 deste filme adicado ao público máis cativo

maxistralmente orquestado por Udra,

unha personaxe da nosa fermosa vila mariñeira.

Tralo visionado, escoitaremos un Conto Ilustrado

relacionado co mundo do mar,

a cargo do colectivo Polo Correo do Vento.

 

A entrada é de balde e para todos os públicos!

 
 

O Misterio do Río Lérez.. un novo caso..

 

Un novo episodio da saga dos Misterios de Pontevedra..

a investigadora Pe e o seu inseparable can Magnum,

 teñen un novo caso misterioso que provén das augas do río Lérez..

 o día 26 de Abril, venres, ás 18h

coma sempre,

 na Biblioteca Pública de Pontevedra.

E logo a debuxar, claro.

 

 Entrada de balde ata completar o aforo.