Coa LIBRERIA CRONOPIOS na FEIRA DO LIBRO de PONTEVEDRA, pasen e lean..


Xelo, o intrépido carteiro xurelo,

leva unha misteriosa postal

que cruza o Océano Atlántico

co único obxectivo de conseguir un sorriso

dos seus amigos máis queridos..

De quen se tratará...?

 

este sábado 25 de Maio

na FEIRA DO LIBRO de PONTEVEDRA

na Praza da Ferrería, ás 17:00 h

na caseta de

CRONOPIOS

 

Día das Letras Galegas 2013. "Cantares Gallegos" cumpre 150 anos.


Mañá cúmprense 150 anos da publicación de "Cantares Gallegos"
 por parte da nosa querida Rosalía de Castro.
O 17 de Maio de 1863.
Esta data é moi significativa, xa que a partires do 1963
 comezouse a homenaxear
a autoras e autores en galego, todos os días 17 de Maio,
en conmemoración ó "Rexurdimento" das nosas letras,
 e así segue a ser ata o día de hoxe:
unha festa vizosa das nosas Letras,
ás que lle desexamos mil primaveras máis!!



 

A volta ao Mundo en oito máquinas, unha homenaxe a Jacques Tati

O próximo venres 31 de Maio,
coma sempre,
na Biblioteca Pública de Pontevedra,
ás 18:00 h,
Polo Correo do Vento,
homenaxeará a un dos seus autores favoritos
nunha das súas sesións de Contos Ilustrados,
a cargo de Enrique Mauricio,
Carlos Taboada,
 
Unha homenaxe tamén
a todas as tías e tios e madriñas e padriños do mundo enteiro!!

Algunhas das personaxes do filme sobre historia do Museo Massó

Para que vaiades coñecendo a algúns dos seus protagonistas
e vos animedes a visitar o Museo Massó de Bueu,
velaí vai un anaco do dramatis personae.
 
 

Udra ten nove anos e é de Bueu.

 Por suposto, tamén é a guía de este Museo.

 


Guglielmo Marconi, premio Nobel de Física no 1909,

visitou en varias ocasíons a fábrica e aportou ideas moi interesantes.

Velaí está a súa sinatura no Libro de Honra.

 

 

Federico Ribas, o xenial debuxante galego,

 encargouse da imaxe publicitaria da factoría Massó ata o 1936,

 xa que por causa do estalido da Guerra Civil Española

e pola súa disconformidade coa falta de liberdade,

 marcha ó exilio á República Arxentina.