A volta ao mundo de Working Wheels! 2 Xaneiro 2015


O vindeiro 2 de Xaneiro arrancamos o 2015
 do mellor xeito posible,
cunha actividade lúdica para tódolos públicos
 en colaboración con Working Wheels

Visitamos a nosa querida vila de Lalín para contar, 
debuxar e musicar
 A volta ao mundo de Working Wheels
Contacontos sobre a discapacidade!

 Contamos con tod@s vós para pasar un bo rato
 a partires das 12 horas na Praza da Igrexa! 
Feliz Aninovo 2015!

A investigadora Pe viaxa polo Nadal a Rivas-Vaciamadrid!!


O MISTERIO DE NADAL
o próximo sábado 13 de Decembro de 2014
na Biblioteca Federico García Lorca
de RIVAS-VACIAMADRID,
contos, debuxos e misterios
coa investigadora Pe
e mailo seu inseparable can Magnum!!


EL MISTERIO DE NAVIDAD
el próximo sábado 13 de Diciembre de 2014
en la Biblioteca Federico García Lorca
de RIVAS-VACIAMADRID,
cuentos, dibujos y misterios
con la investigadora Pe
y su inseparable perro Magnum!!


Certame Mundial de Cociña, na Biblioteca de Pontevedra


"Certame Mundial de Cociña"
un conto narrado e ilustrado 
na Biblioteca Pública de Pontevedra,
o próximo 7 de NOVEMBRO de 2014,
ás 18:00 horas,
e
logo debuxaremos, por suposto!!


Periplo Atlántico, Contos, Música e Debuxos, en Moaña

Periplo Atlántico, o venres 10 de outubro, en Moaña, 

na parte alta da praza de abastos, a iso das 18:00 horas, 
coa inestimábel compaña e pericia do Músico do Quinto Pemento!! 
que como lles pasa ós artistas do son: uns pican e outros non!! 

Roberto, por suposto, é dos que fai fermentar os nosos corazóns!!

En Polo Correo do Vento amamos as Biblioteca Públicas!!

http://noalprestamodepago.org/
Polo Correo do Vento,
como autores e usuarios, dicimos NON
ao préstamo de pago nas Bibliotecas Públicas.
 
                    Enrique Mauricio e Carlos Taboada,
                                                Setembro, 2014.
 

O Misterio da Carabela de Cristovo Colón, 26 Setembro


 
O venres 26 de Setembro,
retornan as aventuras da Investigadora Pe
e o seu inseparable compañeiro Magnum!!
nesta ocasión, andarán encerellados nunha trama histórica
relacionada cunha das Carabelas de Cristovo Colón!!
Que acontecerá??
 
 
ás 18:00h na Sala Infantil!!
Contos, Misterios e Debuxos..

 
Elemental, querido Magnum!!

A Volta ao Mundo de Penélope_Homenaxe a Díaz Castro


 
"A Volta ao Mundo de Penélope"
o noso Conto Ilustrado e Musicado
autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas!!
o sábado 10 de Maio ás 12:00h,
 
Contos, debuxos e cancións!!
 

De onde vén o leite?

Inscribe aos teus alumnos

 en De onde vén o leite?

 
Se es mestre ou responsable dun centro escolar
e queres que os teus alumnos de entre 7 e 8 anos
coñezan o día a día dunha granxa,
convidámosvos a disfrutar dunha visita
unha explotación gandeira da Coruña.
 
 
 
Roi e Belén,
os protagonistas de "De onde vén o leite?",
voltan a saír de excursión:
 
 
 

Cociñando contos!! XV Salón do Libro IX de Pontevedra


 
Polo Correo do Vento
no Salón do Libro Infantil
e Xuvenil de Pontevedra 2014:

12:00, sábado, 29 de Marzo de 2014
Obradoiro de debuxo "Certame mundial de cociña".
...

17:30, sábado, 29 de Marzo de 2014
Contacontos "Certame mundial de cociña". 

Imaxe da edición anterior, A TODA MÁQUINA!!
 11:30, domingo, 30 de Marzo de 2014
Obradoiro de debuxo "Gregorio, cociñeiro de soños". 

 17:30, domingo, 30 de Marzo de 2014
Contacontos "Gregorio, cociñeiro de soños".

Imaxe da edición anterior, co Músico do Quinto Pemento.


E tedes máis gorentosas receitas
de contos e actividades
nesta ligazón:
 

En Macondo non paraba de chover..


 
Imaxinádesvos unha vila onde sempre chovía,
chovía,
            chovía,
                      e chovía...
                                        e endexamais escampaba?
 
o 7 de Marzo, ás 18:00h,
onde o Realismo Máxico acontece todos os días.

Conto Viaxeiro Transfronteirizo, Galicia e Portugal 2014



Polo Correo do Vento dende a súa experiencia narrativa
 dirixida ó público infantil, propón,
xunto co POCTEP, a UE, a CTGNP, e a Xunta de Galicia, 
 a realización dun relato colectivo dos máis cativos
no que se denomina “Conto Viaxeiro Transfronteirizo”.

 
Picade na imaxe para aumentala.
 
O conto tratará de recoller a participación dos nenos e nenas
de diferentes vilas, dez galegas e dez portuguesas,
onde se leve  a cabo, para así conformar entre todos
unha única historia e as moitísimas variantes e bifurcacións
que se poidan recoller.
 
Se queredes saber máis:

O tesouro do Pirata Benito Soto, en O Grove

O sábado 15 de Febreiro do 2014, ás 11:30 h
na Biblioteca Pública Municipal de O Grove,
unha de Piratas Oceánicos!!
 
Ollo!! 
É NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA

Mil millóns de vacas!! na Biblioteca de Pontevedra!!


o venres 7 de Febreiro,
na Biblioteca Pública de Pontevedra,
Mil millóns de vacas,
contadas e debuxadas por
Polo Correo do Vento!!
ás 18:00h
non volo perdades!!