"Protexendo o Camiño". Contos, debuxos e fotografías



Peregrina e Iago teñen unha misión: protexer o Camiño.
A Peregrina gústalle moito a fotografía, a Iago debuxar.Xuntos percorrerán o Camiño de Santiago,fotografando e debuxando para dar conta do seu estado.

Iago.


O Camiño de Santiago é un patrimonio cultural que debemos coidar.Sobre todo fronte ameazas como a aparición de lixo, o feísmo, a falta de civismo cos peregrinos ou dos propios peregrinos...Percorrerán corenta vilas polas diferentes rutas do Camiño, para facer un estudo sobre este asunto.

Camiñando, fotografando e debuxando darán boa conta do estado das diferentes rutas.
Tríptico "Protexendo o Camiño"


Coñeceremos estes personaxes da man de Polo Correo do Vento, colectivo especializado na creatividade artística do público máis novo.
En cada visita, escoitaremos un conto,debuxaremos e faremos actividades e postas en común para entre todos e todas artellar unha rede protectora e cultural do Camiño de Santiago.

Peregrina.



Camiño Francés
Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Sarria, Samos, Paradela, Portomarín,
 Monterroso,Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino.


Camiño Portugués:
Tui, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Barro, 
Caldas de Reis, Valga, Pontecesures e Padrón.

Camiño do Norte:
Ribadeo, Lourenzá, Vilalba e Sobrado dos Monxes.

Camiño Primitivo:
A Fonsagrada e Lugo.


Camiño Inglés:
Ferrol, Pontedeume, Betanzos e A Coruña.

Camiño do Sueste (Vía da Prata):
Ourense, Cea, Lalín e Silleda.

Camiño de Fisterra-Muxía:
Ames, Mazaricos, Muxía e Fisterra.

Remate final:
Santiago de Compostela.

Debuxando.


Datas meses de abril e maio:
30 de abril: EEI Milladoiro (Ames)
8 de maio: CPI Uxio Novoneira (Pedrafita do Cebreiro)
8 de maio: CEIP Eduardo Cela Vila (Triacastela)
8 de maio: CEIP Frei Luis de Granada (Sarria)
19 de maio: CEIP Santo André de Xeve. (Pontevedra)
25 de maio: CEIP Pino do Val (Mazaricos)

Fotografando.



Produce: Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal)


Organiza: Turismo de Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario