Bo Nadal e próspero aninovo 2016!!

Peregrinos, bohemios e soñadores,
 continuamos o 2015 facendo 
o que máis nos gusta: tecer historias...
Narrando, ilustrando, fotografando e mesmo cantando!!

O 2016 non quere ser menos, e vén cargado de futuro.
 Agardándonos en peiraos e bibliotecas, fican as nosas novas personaxes,
 e tamén as de sempre.


Agardando que unha palabra descoñecida, un risco de xiz, 

unha ardentía inesperada ou un arpexo feliz,
 faga que esperten de novo, e comece outra vez o Conto...


Bo Nadal e próspero Aninovo 2016!!
Polo Correo do Vento.

Comentarios