Día das Letras Galegas para Manuel María!!



Bando


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo …

Están fora da Lei

a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar …
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar …
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.

Dende agora as pombas teñen

que pedir licencia pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

E un só se pode emocionar

os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

Dase este bando en tal e cuale

pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.

Manuel María, Documentos persoais, 1958.

Ningún comentario:

Publicar un comentario