Obradoiro de camisetas! Homenaxe a Castelao!


No 2016, cúmprense cento trinta anos do nacemento en Rianxo de Alfonso Rodríguez  Castelaoe tamén cen dende a súa chegada e namoramento sempiterno da cidade de Pontevedra.


Por iso, preparamos estas actividades de Contos Ilustrados e
Obradoiros de deseño de Camisetas con REI ZENTOLO!

Comezamos este venres na 

Casa Museo Valle-Inclán
en Vilanova de Arousa,
ás 18:00 h!



Debuxando a Castelao na camiseta Rei Zentolo

Dúas mostas do obradoiro de Camisetas Rei Zentolo no Ano Castelao


Levaredes unha camiseta reizentolo feita por vós!

Do que aconteceu no Canellón do Gato, en Tui!


Con motivo da celebración do 150 aniversario 
do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán,
realizaremos unha actividade de contos e debuxos
na Biblioteca Pública Municipal de Tui.
O venres 17 de xuño
ás 18:00 h.
Vai ser esperpéntico!

A Banda Deseñada como ferramenta de transformación


Obradoiro A Banda Deseñada como ferramenta de transformación:

Viñetas conscientes “Dominicanas Somos” da man de Polo Correo do Vento.
Terá lugar na Casa da Luz o día 9 de xuño ás 18:00 h.


Trátase dun obradoiro de iniciación a técnicas de debuxo e guionización dun cómic tomando como referencia a experiencia dos autores coa cooperación na República Dominicana e a realización da BD "Dominicanas somos ". Porase en práctica a creación de personaxes, a elaboración do guión técnico e literario e tentaremos crear unha pequena historia e debuxala.



Actividade a partir de 15 anos e necesidade de inscrición previa ata o 6 de xuño no mail organizacion@agareso.org




Esta actividade forma parte da "Semana da Des-Igualdade Global e a Cooperación"
organizada polas ONGDs Asemblea de Cooperación pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, do 6 ao 11 de xuño en Pontevedra, onde trataremos de pór en valor a Cooperación como ferramenta de transformación social a nivel mundial. Temos programadas unha batería de 25 actividades para todas as idades que de luns a sábado irán promovendo esta reflexión conxunta a través de obradoiros lúdicos,proxeccións de documentais, debates, charlas, actividades de rúa, exposicións fotográficas, concertos…

Se queredes máis información, comunicádevos con nós ou seguídenos nas redes. Evento facebook:https://www.facebook.com/events/1718715168412155/


Descargade Dominicanas Somos aquí: