Pintural Mural "A Irmandade Fusquenlla", Pontedeume.


Intervención artística no Local de Ensaio de Pontedeume.


Resultado final na parte frontal do Local de Ensaio.




A IRMANDADE FUSQUENLLA liderada por Roi Xordo, rebelouse no ano 1431
en Pontedeume contra os abusos da nobreza perpetrados por Nuno Freire o Mao.
Foi o inicio das Revoltas Irmandiñas, da xente humilde que se negou a ser asoballada.
O seu exemplo perdura aínda hoxe como demostración da forza do pobo 
perante a inxustiza.

Polo Correo do Vento, 2016.

                 

Pintura Mural en Pontedeume, seleccionada no concurso que realizou 
a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol xunto
 coa Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia.




Resultado final na parte lateral do Local de Ensaio.



A Irmandade Fusquenlla, con Roi Xordo á fronte,
asediando o Castelo de Andrade, en Pontedeume. 



Mulleres bravas guiando ao pobo na primeira Revolta Irmandiña,
en Pontedeume. Avante Irmandade Fusquenlla


"A parede pintada ao fresco ten como misión 
dar a coñecer ao pobo a súa historia."
 Luís Seoane.


100 anos da chegada a Galicia de Federico G. Lorca.


Un 26 de outubro, hai cen anos, Federico chegaba a Galicia a quedar para sempre. Aquel rapaz andaluz marcharía e volvería unhas cantas veces, e agasallaríanos a todos coa súa amizade e cun poemario en galego. Non se pode entregar máis.

Un Ronsel de Ardora. Ángeles Alvariño. 3/10/2016.

Hoxe, cúmprense 100 anos do nacemento
 da científica galega Ángeles Alvariño.

Polo Correo do Vento, colectivo especializado na realización de actividades lúdicas dirixidas ao público máis novo co fin de promover a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego, quere comezar coa publicación infantil dunha pequena biografía sobre a ilustre oceanógrafa, como primeiro volume dunha colección dedicada ás mulleres galegas, editada por LELA Edicións.


Un Ronsel de Ardora
Pequena biografía de Ángeles Alvariño

Enrique Mauricio e Carlos Taboada, Polo Correo do Vento SC.
A partir de 6 anos. Idioma galego.

Sinopse

María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento (www.polocorreodovento.gal), especializado en actividades infantís.
ISBN 978-84-946043-0-0
Colección: 
Mulleres galegas 1
Ilustracións: cor 32 páxinas
Editorial: Lela Edicións
TipoloxíaInfantil/Xuvenil