Carlos Casares, Letras Galegas 2017.


O martes 16 de maio estaremos na 
Biblioteca Pública Municipal do Grove,
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey,
presentando "Os xoguetes de Clío",
unha actividade de contos e debuxos 
para celebrar o Día das Letras Galegas
dedicado a Carlos Casares.

Día das Artes Galegas 2017, Maruja Mallo.


Día das Artes Galegas do 2017,
Maruja Mallo,
meiga nova,
metade anxo, metade marisco,
entre verbena e espantallo,
toda a beleza do mundo
cabe dentro do ollo.

A nosa axenda:

Ás 11:00 h estaremos almorzando no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e pedindo "Pan!" como contaba Maruja... 
Grazas á Deputación de Pontevedra e A Devesa.
Achegádevos!

Ás 12:00 h no Salón do Libro de Pontevedra presentaremos
o segundo libro da colección Mulleres Galegas:
"Meiga nova, metade anxo, metade marisco.
Pequena biografía de Maruja Mallo."

Ás 18:00 h na Casa do Pobo de Beluso, 
nun acto do departamento provincial de Cultura e Lingua, 
trataremos de recrear aquelas xuntanzas talentosas
que tiñan lugar na parroquia buenense, ao noso xeito,
con contos e debuxos.



Meiga nova, metade anxo, metade marisco.


Contos e debuxos para homenaxear a 
Maruja Mallo, 
na véspera do Día das Artes Galegas.
Este venres 31 de marzo,
 na Biblioteca Pública de Vigo
Juan Compañel.


180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro


"Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso,
de min murmuran e exclaman:
-Aí vai a tola soñando"

En las orillas del Sar, 1884

Meiga Nova, metade anxo, metade marisco.

Este venres,
27 de Xaneiro, ás 18:00 h.
  Unha homenaxe a Maruja Mallo
na Biblioteca Pública de Pontevedra
"Antonio Odriozola",
celebrando o Día da Ilustración 2017.



"...tiña algo de feiticeiro no que facía 
e era como unha meiga recente 
que baixaba do Norte despois de compor as cores 
nas olas de barro da súa misteriosa cociña da aldea".

Ramón Gómez de la Serna (Maruja Mallo, Editorial Trifolium).