Pontevedra, Cidade Lorquiana


Pontevedra, Cidade Lorquiana

Federico García Lorca chegaba a Galicia por primeira vez o 15 de outubro
de 1916. E visitaría Pontevedra en dúas ocasións. É por isto que, sumándonos
á proposta de Alvarellos Editora, celebraremos o DÍA DE LORCA EN GALICIA
cunhas xornada arredor da relación do poeta coa nosa cultura e a nosa vila:
PONTEVEDRA, CIDADE LORQUIANA. Ao longo desta semana, xirando
 en torno ao autor dos Seis poemas galegos, realizaranse visitas escolares ao Museo
de Pontevedra, un roteiro pola cidade, contacontos para o público infantil, e
unha conferencia a cargo de Henrique Alvarellos na que proxectaremos un 
documental son imaxes en movemento de García Lorca en Galicia.






Comentarios