Cousas que facemos

Polo Correo do Vento dedícase, principalmente, á creación de libros
dirixidos ao público infantil que despois expón e ilustra en directo.
Velaquí están: POLO CORREO DO VENTO


...mais tamén facemos outras cousas que sempre teñen que ver
 coa narración de historias, e ese é o contido desta páxina.


"Historia dun Museo que medrou
dentro dunha fábrica de conservas"

proxecto audiovisual para o Museo Massó
en colaboración con IMASV. 


Da man da empresa de edición e montaxe IMASV embarcámonos
nesta aventura audiovisual e oceánica co fin de crear una presentación para o Museo Massó de Bueu dedicada aos visitantes máis cativos. Foi así que coñecemos a Udra, a guía deste fantástico museo, e a través dela, a moitos personaxes máis do mundo do mar...

O Museo Massó de Bueu alberga una chea de tesouros e curiosidades que o converten nunha opción fantástica de ocio para toda a familia. 


 Isaac Peral, Cristovo Colón, Ptolomeo, Isabel Barreto, Gagos de Mendoza, Blas de Lezo, James Cook, Malaspina e moitos máis!

Entrada para a primeira proxección, 3 de Maio de 2013


 Notas de prensa:




Obradoiros de Contos Ilustrados
A partir de 8 anos



  "Dominicanas somos"
Banda deseñada e cooperación internacional 

 Dominicanas somos nace da proposta que lle fai a oenegué ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz) no 2011 ao colectivo Polo Correo do Vento, para levar a cabo a realización dunha banda deseñada que amosase a realidade da muller latinoamericana e máis concretamente, a da muller na República Dominicana, os seus problemas, inquedanzas, loitas e vitorias.

Dominicanas somos, banda deseñada, Polo Correo do Vento.

No 2012, Polo Correo do Vento, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, autores da colección do mesmo nome editada por Ed.Xerais de Galicia, viaxan á República Dominicana coa intención de  vivir de preto a cultura e a situación dominicanas. Nesta viaxe atoparán persoas marabillosas que lles axudarán no seu propósito e que lles ampliarán enormemente a súa visión desta realidade e doutras coas que non contaban.

Dominicanas somos é o resultado de todo isto. E dela e da experiencia, estamos moi orgullosos e agradecidos, polo que agardamos que vos guste e que consiga aportar un gran de area máis á loita polos ideais de igualdade, educación e liberdade que sinceramente compartimos.



Tres mulleres...


tres xeitos de enfrontarse aos problemas cotiáns,..

tres historias que se entrecruzan na República Dominicana.


Dominicanas somos, Polo Correo do Vento, 2013.



 Colaboración con Feiraco:
"De onde vén o leite?"


 Para Feiraco creamos as historias de Roi e Belén,
dúas publicacións baixo un mesmo título:
"De onde vén o leite?"
que se poden descagar aquí:

con receitas, actividades e moitas cousas máis...
Roi, só vira as vacas na televisión,...
E ademais...


Baseándonos nestes personaxes, pintamos un enorme mural
na SAT Busto-Corzón de Mazaricos...


Alí recibimos visitas de moitos colexios e colectivos que coñeceron
de primeira man a actividade da granxa e o noso traballo en colaboración con Feiraco. 


Houbo contos, obradoiros de debuxos, agasallos...


e por suposto, unha visita á fantástica granxa
 de SAT Busto-Corzón na que descubrimos moitas das súas curiosidades.


Velaquí unha mostra das vacas que coñecimos!

A voz de Galicia, xuño 2014.
 Debuxamos moitísimo!! 


E fixemos novas amigas e amigos!!

Lemos, almorzamos, rimos e aprendemos..

Non esquezades saudalos se os atopades por aí...
Deica outra!


Conto Viaxeiro Transfronteirizo

Xunto co POCTEP, a UE, a CTGNP, e a Xunta de Galicia, 
levamos a cabo a creación dun relato colectivo entre as máis cativas 
e cativos no que se denominou “Conto Viaxeiro Transfronteirizo 2014”.

Diario de Pontevedra, xaneiro 2014. Belén López.
 O conto recolleu a participación dos nenos e nenas 

de diferentes vilas, dez galegas e dez portuguesas,

para así conformar entre todas e todos
unha única historia atravesando os valados da imaxinación.
Se queredes saber máis:


O conto comezou cunha serea de protagonista, creada no CPI Suárez Marquier do Rosal, e se queredes coñecer o resultado final podedes descargalo aquí:



Tríptico transfronteirizo interior.

 Máis cousas...
 E aínda facemos máis cousas nas que estamos traballando
e que de contado vos imos amosar, estade atentos!!
Carola, a carteira centola, na Ría de Vigo. Polo Correo do Vento
Carola, a carteira centola, na Ría de Vigo.