Nós

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos.
Polo Correo do Vento, Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Neste eido, Polo Correo do Vento leva xa feito un longo percorrido,
en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións XERAIS de Galicia, a partir do ano 2008.

Polo Correo do Vento, Biblioteca Pública de Pontevedra

 Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques,
nos cales desenrolamos unha temática didáctica de xeito lúdico.
Primeiramente, Enrique Mauricio argallará unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxará un mural in situ
vencellado ao conto. Despois, espallarémonos no seu contido a través dunha rolda de prensa coa axuda dos dous.

Polo Correo do Vento, Biblioteca de Ribadavia, Obradoiro de debuxo, Carlos Taboada

 Para rematar, entre todas e todos, debuxaremos unha personaxe do conto, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún!


Porque sempre quedan todas moi moi riquiñas!!

Polo Correo do Vento, Roberto, Músico do Quinto Pemento, Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Hai moitos xeitos de contar unha historia, e con música é unha delas... Para iso temos connosco a Robertiño, o Músico do Quinto Pemento! que como lles pasa aos artistas do son: uns pican e outros non! Robertinho, por suposto, é dos que fai fermentar os nosos corazóns!

Polo Correo do Vento, Obradoiro de debuxo, Carlos Taboada

Tamén se pode narrar por medio de imaxes, debuxos, fotografías...


 ...a creatividade non ten cancelas e hai que estar dispostos a experimentar cousas novas!


...ou por medio de lingua de signos!


A finalidade da nosa historia é cruzar todo tipo fronteiras
 e chegar á xente...

Polo Correo do Vento, Biblioteca Pública de Pontevedra, Os 7 Misterios de Pontevedra

Iso si, é moi importante manter sempre o misterio...

Polo Correo do Vento, Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, 12mais1

E sobre todo, facer ferver o maxín...


Ás veces, a historia enceréllase e podemos precisar axuda,
por exemplo, dun mapa...


pero é imprescindible facelo con moita enerxía, 
deixando a alma en cada lance!


Polo Correo do Vento, Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, A toda Máquina!

E darlle o noso toque persoal, a nosa xeitura, o noso swing!

Xelo, o carteiro xurelo, Polo Correo do Vento, XERAIS

E entón, faremos que a historia fale por si mesma...


ata coarnos coma polisóns nesta longa viaxe...



...psss!!
Escoitade... a historia comeza así..





Mariquiña, carteira andoriña, Polo Correo do Vento