Cousas que facemos
Polo Correo do Vento dedícase, principalmente, á creación de libros
dirixidos ao público infantil que despois expón e ilustra en directo.
Velaquí están: POLO CORREO DO VENTO
...mais tamén facemos outras cousas que sempre teñen que ver
coa narración de historias, e ese é o contido desta páxina.
---------------------------------------------------------------------------
"Historia dun Museo que medrou
dentro dunha fábrica de conservas"
proxecto audiovisual para o Museo Massó
en colaboración con IMASV.
Da man da empresa de edición e montaxe IMASV embarcámonos
nesta aventura audiovisual e oceánica co fin de crear una presentación para o Museo Massó de Bueu dedicada aos visitantes máis cativos. Foi así que coñecimos a Udra, a guía deste fantástico museo, e a través dela a moitos personaxes máis do mundo do mar...
O Museo Massó de Bueu alberga una chea de tesouros e curiosidades que o converten nunha opción fantástica de ocio para toda a familia.
Isaac Peral, Cristovo Colón, Ptolomeo, Isabel Barreto, Gagos de Mendoza, Blas de Lezo, James Cook, Alessandro Malaspina e moitos máis!
![]() |
Entrada para a primeira proxección, 3 de Maio de 2013 |
Notas de prensa:
---------------------------------------------------------------------------
"Dominicanas somos"
Banda deseñada e cooperación internacional
Dominicanas somos nace da proposta que lle fai a oenegué ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz) no 2011 ao colectivo Polo Correo do Vento, para levar a cabo a realización dunha banda deseñada que amosase a realidade da muller latinoamericana e máis concretamente, a da muller na República Dominicana, os seus problemas, inquedanzas, loitas e vitorias.
No 2012, Polo Correo do Vento, viaxan á República Dominicana coa intención de vivir de preto a cultura e a situación dominicanas. Nesta viaxe atoparán persoas marabillosas que lles axudarán no seu propósito e que lles ampliarán enormemente a súa visión desta realidade e doutras coas que non contaban.
Dominicanas somos é o resultado de todo isto.
Tres mulleres...
Tres xeitos de enfrontarse aos problemas cotiáns...
Tres historias que se entrecruzan na República Dominicana.
Dominicanas somos, Polo Correo do Vento, 2013.
---------------------------------------------------------------------------
Colaboración con Feiraco:
"De onde vén o leite?"
Para Feiraco creamos as historias de Roi e Belén,
dúas publicacións baixo un mesmo título:
"De onde vén o leite?"
que se poden descagar aquí:
---------------------------------------------------------------------------
![]() |
Tríptico transfronteirizo interior. |
---------------------------------------------------------------------------
Máis cousas...
E aínda facemos máis cousas nas que estamos traballando
e que de contado vos imos amosar, estade atentos!!
![]() |
Carola, a carteira centola, na Ría de Vigo. |